Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros apraza diversas actividades 2 semanas como medida preventiva ante o COVID-19

Oleiros, 12 de marzo de 2020-. Seguindo as recomendacións da Consellería e do Ministerio de Sanidade, o Concello decidiu aprazar 15 días diversas actividades que estaban previsto realizarse no municipio. Esta é unha medida preventiva para evitar posible contaxios.

As actividades e programas municipais adiados son: Ocioleiros; Escola de Surf; escolas municipais de música, danza e teatro; actividades culturais e actividades de servizos sociais e igualdade. Tamén van ser clausuradas as aulas da 3ª idade e os pavillóns deportivos. As piscinas municipais seguirán abertas, pero suspenderanse as actividades de grupo dirixidas. Está previsto que todas estas actividades sexan retomadas a partir do 31 de marzo.
 
Estas medidas ou outras que se puideran adoptar ante esta situación, están determinadas polas instrucións das autoridades competentes nesta materia. O Concello de Oleiros está supeditado ás directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia.
 
O Concello de Oleiros lembra a todos os cidadáns a importancia de lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza