Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O venres finaliza o prazo de renovación de matrículas nas escolas artísticas municipais

Oleiros, 11 de marzo de 2020-. As escolas municipais de danza, música e teatro do Concello de Oleiros teñen aberto o prazo de renovación de matrículas para os alumnos e alumnas que xa están matriculados. Para o alumnado nacido no 2012, as renovacións serán entre o 24 de marzo e o 3 de abril.

As preinscricións do novo alumnado poderán facerse desde o 15 ao 23 de abril. 
 
Para o vindeiro curso escolar 2020-2021 ofértanse un total de 455 prazas para a Escola de Danza, 460 para a Escola de Música e  260 para a Escola de Teatro.
 
A renovación das matrículas farase telematicamente co envío dun cuestionario desde as escolas. O último día é o venres 13 de marzo.
 
Para as novas matrículas, as persoas interesadas deberán dirixirse ás secretarías das escolas de 17.00 a 20.00 horas. Para máis información poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas, e ao teléfono 981 639 143 da Escola Municipal de Música.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza