Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros inicia a elaboración do II Plan de Igualdade

Oleiros, 20 de febreiro de 2020-. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade está a contactar con todos os axentes socias do municipio para comezar a redacción do II Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Oleiros. Ademais das conclusións do anterior plan, a visión global conxunta de todos os axentes facilitará a detección da problemática existente, das liñas de traballo e das solucións a implementar de forma coordinada.

Con este plan o Concello pretende mellorar as relacións entre as distintas persoas nos distintos ámbitos: asociacionismo, deportivo, educación, sanidade, servizos sociais, forzas de seguridade… O II Plan de Igualdade determinará propostas para que os actos e a linguaxe teñan maior equidade, para mellorar a atención ás vítimas e, sobre todo, para incidir no aspecto máis preventivo e así tentar erradicar graves problemas sociais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza