Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Os responsables de seguridade cidadá reúnense para analizar a situación xeral e a problemática de violencia de xénero

 Oleiros, 19 de febreiro de 2020-. A primeira tenente alcalde do Concello de Oleiros, María José Varela; os mandos da Garda Civil do posto de OIeiros e o xefe da Policía Local reuníronse esta mañá na Mesa de Coordinación Policial xeral e na Mesa de Coordinación Policial en materia de violencia de xénero, na que tamén participou a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Belén Taboada, e persoal técnico do departamento. As reunións serviron para analizar a seguridade cidadá xeral de Oleiros, nun caso, e a situación relacionada coa problemática da violencia de xénero, no outro.

Na Mesa de Coordinación Policial en materia de violencia de xénero valorouse a excelente coordinación existente entre a Garda Civil e a Policía Local en todos os ámbitos, especialmente destacable na prevención e loita contra a violencia de xénero. As persoas asistentes destacaron o papel activo que desempeña o corpo da Policía Local no seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero neste municipio, velando tamén polo estrito cumprimento das ordes de aloxamento.
 
Na Mesa de Coordinación Policial xeral analizouse a evolución da seguridade cidadá no Concello, que se mantén nuns niveis estables de seguridade, por debaixo da taxa media do conxunto do Estado e da provincia da Coruña. Os índices de criminalidade xerais non se incrementaron. Si subiron, un 3%, os delitos asociados ás estafas a través de internet.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza