Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alumnado dos centros de ensino participan o martes nunha andaina contra a obesidade

 Oleiros, 8 de novembro de 2019-. O Concello de Oleiros, a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña e a Asociación Galega de Xestores Deportivos organizan este martes unha andaina con motivo do Día Internacional contra a Obesidade. Trátase dunha actividade para sensibilizar a cidadanía dos prexuízos do sedentarismo e apostar por hábitos activos e saudables.

Esta é unha actividade aberta a todos os veciños e veciñas, na que xa confirmaron a súa participación máis de 1.000 estudantes dos centros de ensino público do municipio e do INEF. Está previsto que a andaina parta ás 10:30 horas da pista de monopatín de Bastiagueiro e finalice ás 11:30 horas na praia de Bastiagueiro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza