Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O domingo proxéctase na Fábrica a película La sombra de la ley

 Oleiros, 7 de novembro de 2019-. A proxección de La sombra de la ley está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 10 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

Esta película, dirixida polo galego Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar, está ambientada na Barcelona do 1921. O gangsterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpables do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non atopan moito apoio entre os seus compañeiros, e enseguida comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza