Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O luns abre o prazo de inscrición para un novo curso de tablets e móbiles para maiores de 60 anos

 Oleiros, 7 de novembro de 2019-. O luns 11 de novembro abre o prazo de inscrición para un novo curso de iniciación no “Manexo de tablets e móbiles”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. O curso ten unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha, de luns a venres pola tarde no Centro Municipal de Formación nos Regos, os días 9,10,11,12,16,17,18 e 19 de decembro.

Tras observar o crecente interese nas novas tecnoloxías por parte das persoas maiores de 60 anos e a súa demanda de actividades formativas sobre alfabetización dixital, o Concello de Oleiros decidiu levar a cabo un novo curso de iniciación para as persoas que non puideron participar nos que se ofertaron anteriormente.

As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 11 de novembro e rematará ás 20:00 horas do 24 de novembro. Tamén poderán facer a inscrición durante eses días nas propias oficinas de Servizos Sociais de Oleiros se non teñen a posibilidade de facelo telematicamente. O prezo público para esta actividade é de 17,24 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza