Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Xunta de Galicia seguen sen pagar os 110.000 euros que lle corresponden da adquisición do local social da Lagoa de Mera

 Oleiros, 5 de novembro de 2019-. A Xunta de Galicia aínda non pagou ao Concello de Oleiros os 110.000 euros estipulados no convenio asinado para a adquisición do centro social situado na Lagoa de Mera. Máis de dous anos despois, co local en funcionamento desde maio do 2018, o Concello segue sen recibir os cartos.

Ante a infrautilización da Casa do Mar de Mera, o Concello solicitoulle á Xunta de Galicia en varias ocasións que se lle cedera ás entidades da localidade para que o puideran utilizar os veciños, tal e como facían antes das obras de reforma para crear un centro de día que nunca chegou a funcionar. Finalmente, a Xunta optou por asinar un convenio co Concello para cofinanciar con 110.000 euros a adquisición dun novo centro social.
 
Más de dous anos despois da sinatura, a Xunta aínda non lle pagou ao Concello de Oleiros ese diñeiro. “Vou solicitar unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia porque paréceme moi grave o que está pasando”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza