Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Un novo obradoiro de emprego rematará co acondicionamento do edificio principal da Finca Tenreiro

 Oleiros, 1 de outubro de 2019-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria comunicoulle ao Concello de Oleiros a concesión do Obradoiro Dual de Emprego “Acondicionamento Parque Finca Tenreiro”. Con este proxecto o Concello pretende finalizar a restauración da casa principal da Finca Tenreiro para que poida converterse nun albergue xuvenil.

Para desenvolver este obradoiro de emprego, de 9 meses de duración, a Xunta achegará 336.446 euros e o Concello 39.966,41 euros. Ademais das 5 persoas que formarán o persoal docente, 20 veciños e veciñas de Oleiros en situación de desemprego van ser contratados cun contrato de formación e cun salario mensual de 900 euros, mais as correspondentes pagas extras.
 
Van impartirse as especialidades de albanelería e carpintería. O alumnado que  obteña o certificado de profesionalidade unha vez finalice o curso, terá un contrato nunha empresa do sector durante un mínimo de 3 meses. Para fomentar as contratacións, as empresas que empreguen os alumnos e alumnas dos obradoiros terán un incentivo económico.
 
Para poder participar neste proxecto é imprescindible estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego como demandantes de traballo. As persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (rúa Os Regos 24, 981 631 706, cmf@oleiros.org).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza