Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello agarda que o Ministerio de Fomento licite a obra de Sol y Mar antes de finalizar setembro

 Oleiros, 5 de agosto de 2019-. Aprobado o proxecto para a construción do túnel en Sol y Mar, o Ministerio de Fomento está en disposición de poder contratar a obra . Os orzamentos do Estado contemplan unha partida de 4 millóns para poder iniciar a obra este ano e rematala nos seguintes exercicios.

“Hai que lembrar que no 2007 tamén se aprobou o proxecto e non chegou a realizarse. Polo tanto, o que importa é que contraten a obra. Poden facelo este ano? Si, porque nos orzamentos hai 4 millóns previstos para a primeira fase”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
O Concello de Oleiros agarda que antes de que finalice o mes de setembro o Ministerio inicie a licitación. De non ser así, a actuación retrasaríase outro ano máis. Nese caso, o Concello levaría adiante diferentes accións para que esta obra sexa unha realidade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza