Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O venres remata o prazo de presentación de ofertas para as parcelas que vende o Concello

 Oleiros, 30 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros ten á venda 28 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. En concreto, os solares que  están á venda están situados en Dorneda (Xaz), Mera (Cividanes, Canide e Punxeiro), Oleiros, Iñás e Perillo, contan con todos os servizos e son para a construción de vivendas unifamiliares.

O prazo de presentación de ofertas remata o día 2 de agosto. A licitación será por medio de poxa pública. As persoas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratación do sector público www.contrataciondelestado.es ou presencialmente na Casa do Concello. O martes 6 de agosto, ás 10:30 horas na Casa do Concello, vai celebrarse o acto público de apertura de sobres coas ofertas presentadas.
 
“O Concello de Oleiros ten un patrimonio de solo moi grande conseguido gratuitamente a través da xestión urbanística. En Oleiros, cando se fai unha nova urbanización, o Concello ten que recibir o 10% do solo edificable. Posteriormente, esas parcelas véndense para financiar obras e servizos municipais. Neste momento, sacamos 28 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares. Principalmente están situadas no centro de Mera e na urbanización de Xaz, pero tamén as hai noutros lugares”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza