Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O pleno aproba o financiamento para a construción da pista de patinaxe e ciclismo en Bastiagueiro

Oleiros, 23 de maio de 2019-. O pleno do Concello de Oleiros celebrado esta mañá aprobou a inclusión no POS+ da Deputación a obra de construción dunha pista de patinaxe de velocidade e ciclismo en Bastiagueiro, nos terreos de propiedade municipal que se atopan na marxe dereita da avenida Ernestro Che Guevara dirección Santa Cruz. Segundo o acordado, a Deputación achegará 413.561 euros e o Concello 16.858.

O pleno tamén aprobou definitivamente o Plan Especial do Paraíso. O ámbito desta actuación era unha zona urbana anterior ás primeiras eleccións democráticas de 1979, na que os seus propietarios impedían o paso polas rúas mediante a colocación de cadeas. Nesta zona tampouco existiu nunca ningunha zona verde pública municipal dado que todo o solo era construíble. Foi o Concello de Oleiros, a través do Plan xeral, o que obrigou a crear un espazo verde de máis de 7.000 metros cadrados de uso público total lindando coa costa da ría da Pasaxe naquelas parcelas que quedaban sen edificar, para prolongar o paseo que desde Beiramar conectará co Seixo.

Na sesión  foi aprobada tamén unha modificación puntual do PXOM en Monte do Sino, para corrixir un erro existente que cualificaba o solo como urbanizable cando realmente xa é urbano.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza