Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello reitera a Costas que realice as reparacións da súa competencia nas praias de Oleiros

Oleiros, 22 de maio de 2019-. O Concello de Oleiros segue a demandarlle á Dirección Xeral de Costas do Estado que realice a reparación dos accesos ás praias de Santa Cruz e Santa Cristina. É competencia da administración do Estado arranxar as deficiencias existentes nas ramplas destes dous areais de Oleiros.

Para o acceso da maquinaria que procede a realizar as tarefas de limpeza das praias  e para garantir a seguridade dos bañistas, Costas debe actuar de maneira urxente. A tempada de praias comeza o vindeiro día 1 de xuño, e antes desa data é preciso que se restitúa a area que falta e que ocasiona a existencia duns grandes chanzos nas baixadas ás praias de Santa Cristina e Santa Cruz.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza