Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A cantautora Mabel Flores actúa o sábado na Fábrica

Oleiros, 20 de maio de 2019-. Este sábado Mabel Flores ofrece un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:15 horas. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse a partir das 19:30 horas.

No marco do Festival Elas Son Artistas, o Concello de Oleiros acolle o concerto da artista de Barcelona no que vai presentar o seu disco “Entre mujeres”, cheo de cancións sensibles con sons orgánicos a ritmo de reggae, ska e world-music. Mabel Flores ofrece un directo cómplice e íntimo, un baño de vitalidade, feminismo, sinceridade e tenrura.

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura, no que as mulleres creadoras son as protagonistas, e que busca un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos. Trátase dunha iniciativa que busca mesturar o sector artístico público e privado para dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes e que habitualmente se atopan na sombra.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza