Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros asumirá o enterro de Enrique Garrote

Oleiros, 13 de maio de 2019-. Enrique Garrote Antón, falecido a pasada semana no paseo marítimo de Culleredo, será soterrado previsiblemente mañá pola tarde no cemiterio municipal de Dorneda. Estaba previsto que o enterro se realizara esta mesma tarde pero os trámites xudiciais impedírono.

O Concello de Oleiros vai asumir o coste do enterro. “É un acto de humanidade que facemos por unha persoa amable, bondadosa, á que todo o mundo quería. Os familiares non se queren facer cargo e decidimos asumir o gasto desde o Concello. Xa formaba parte dos paseos de Culleredo, de Santa Cristina e de Santa Cruz, onde facía eses barcos tan fermosos dentro de botellas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza