Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza unha excursión ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro

Oleiros, 10 de maio de 2019-. A próxima das saídas do programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza será o vindeiro 25 de maio. As persoas participantes van realizar unha ruta de sendeirismo por Cabana de Bergantiños e coñecerán importantes elementos arqueolóxicos.

A  camiñada a pé partirá e rematará na Carballa. A distancia a percorrer é de 18 km e está cualificada como de dificultade media. Durante o traxecto visitarase o Miradoiro da Fernandiña, o Castelo de Borneiro, o Dolmen de Dombate, o Castro de Borneiro ou a Enseada da Insua, entre outros lugares.

O prazo de inscrición para esta excursión abre o vindeiro luns día 13 de maio. Para apuntarse ou obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza