| NOVAS « Atrás Xacarandaina actúa o sábado no Auditorio Gabriel García MárquezOleiros, 8 de maio de 2019-. O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera. Nesta gala participarán máis de 40 artistas entre corpo de baile, músicos e pandereiteiras, todos dirixidos por Quique Peón e o seu equipo de traballo. A singularidade do espectáculo será volver a poñer enriba do escenario danzas e bailes que se estrearon hai anos e que non se volveran bailar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así amosar a evolución da danza galega escénica desde 1979 ata hoxe, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico. A entrada será libre e as invitacións poderán recollerse a partir das 19:30 horas. Esta é unha actividade que organiza a Área de Cultura da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Oleiros. |