Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Fábrica encherase de familias o domingo cun novo espectáculo do Apego

Oleiros, 11 de abril de 2019-. Este domingo 14 de abril, ás 12.00 horas representarase a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, baseada no libro homónimo. O espectáculo terá lugar na Fábrica, para familias con nenos e nenas de máis de 2 anos e xa non quedan prazas.

A toupiña saía do seu tobo e algo caeu na súa cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, porén, non sempre aparece en escena.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza