Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A empresa que construíu o carril bici Montrove- O Carballo ten abandonadas as zonas verdes

Oleiros, 10 de abril de 2019-. A empresa que contratou a Xunta de Galicia para construír o carril bici entre Montrove, As Pedreiras e o Carballo, -que aínda non entregou a obra- ten nun estado de abandono total os parterres, que acumulan herba cun metro de altura. Os veciños que lle cederon gratuitamente ao Concello os terreos para que esta obra se puidese chegar a facer demandan o ornato deste espazo.

Unha vez que a obra sexa entregada pola empresa construtora, o Concello de Oleiros comprometerase a manter e conservar en perfectas condicións as zonas verdes destas beirarrúas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza