Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alumnado do obradoiro de memoria imparte clases de historia de Oleiros no Colexio da Rabadeira

Oleiros, 5 de abril de 2019-. O alumnado de 3º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros recibiu a visita de Marivita, Sara, Toñita, Fina e Sole, cinco mulleres que participan nos obradoiros de memoria do Concello de Oleiros e que explicaron de primeira man como era a escola e o ocio cando elas eran mozas. Os estudantes descubriron hoxe novos xogos, como eran as salas de festa que existían hai 60 anos, o Cine Del Pardo,...

Tal e como explicaron as cinco mulleres que exerceron de mestras hoxe, a mediados do século pasado a maioría dos nenos e nenas dedicaban unha parte importante do seu tempo ás tarefas do fogar, ás hortas, a facer recados ou a coidar de irmáns máis pequenos, se os había. A escola contaba cunha única aula na que se xuntaban rapaces e rapazas de entre 5 e 16 anos de idade. Alí aprendían a ler, escribir e catro pautas básicas para a vida.

Esta actividade terá unha segunda parte a próxima semana, con outro grupo de estudantes. Con esta actividade seguirá a profundarse na historia local e no contorno máis próximo aos rapaces e rapazas a través dunha actividade interxeracional profundamente enriquecedora para ambas partes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza