Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros crea A porta violeta, o programa que aglutinará todas as actividades dirixidas a mulleres

Oleiros, 8 de marzo de 2019-. Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, nace en Oleiros A Porta Violeta, un programa no que se integrarán todas as actividades que se viñan desenvolvendo ata o de agora baixo o marco do Plan de Igualdade e ao que se incorporarán outras moitas novas. Trátase dun amplo programa que se estende ao longo de todo o ano e no que as mulleres oleirenses poderán explorar todas as súas posibilidades, desenvolver a súa creatividade e medrar, rompendo cos límites impostos, cos tabús e coas normas establecidas.

Está dirixido a mulleres de todas as idades, inquedas, sen fronteiras, que desexan un feminismo consciente e que poidan aproveitar as posibilidades que as rodean para seguir medrando a través destas actividades. Como se falou onte na mesa redonda que tivo lugar na Fábrica e na que se presentou A Porta Violeta, está dirixido a mulleres que desexen un feminismo cotiá, no que cada muller exprese libremente a muller que quere ser.

O Concello de Oleiros segue apostando por un feminismo consciente, no que o empoderamento veña da man de cada muller mediante actividades grupais nas que a través da actividade física, de técnicas de comunicación e das artes creativas e escénicas se favoreza o autocoñecemento, a fortaleza e as emocións, á vez que se tecen redes de apoio.

Ao longo deste mes de marzo irase debullando o contido do programa e as distintas actividades previstas, os prazos de inscrición e os lugares nos que se desenvolverán.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza