Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Mañá abre o prazo de inscrición para os campamentos que organiza o Concello en Semana Santa

Oleiros, 7 de marzo de 2019-. Os días 15, 16 e 17 de abril terán lugar un total de seis campamentos para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O CEIP Parga Pondal, o CEIP Valle Inclán e o CEIP A Rabadeira albergarán esta actividade que contará cun horario de 9:00 a 14:00 horas.

Durante os tres días que dura o campamento, os nenos e nenas participantes aprenderán xogando a través de actividades artísticas e educativas. Os monitores traballarán na autonomía persoal e na adquisición de hábitos saudables dos pequenos e pequenas. Haberá obradoiros de xoguetes, arte natural, horta ecolóxica, itinerarios, xogos tradicionais e grandes xogos de animación.

O prazo para apuntarse nos campamentos irá do 8 ao 15 de marzo. A preinscrición pódese enviar ao correo electrónico ensino@oleiros.org ou entregala persoalmente no centro cultural A Fábrica. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas -200- tería lugar un sorteo o día 18 de marzo na Fábrica ás 11:30 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza