Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O IES Miraflores organiza o III Congreso da Axencia espacial escolar galega

Oleiros, 7 de febreiro de 2019-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o vindeiro 11 de febreiro a terceira edición do Congreso NOSA, no que participarán preto de 300 estudantes de diversos institutos de toda Galicia. O profesorado e o alumnado do IES Miraflores, coa colaboración do Concello, organizan este evento, no que se analizarán os datos extraídos a partir do envío dunha cápsula á estratosfera o pasado curso.

No congreso tamén se presentarán os obxectivos da Marumasat IV, a nova cápsula coa que se pretende chegar novamente ata os 35.000 metros de altura.  O aparello incorporará os equipos audiovisuais necesarios para gravar o ascenso e descenso. Isto permitirá que ademais da análise dos datos, os estudantes editen as imaxes gravadas para montar unha curtametraxe, despois da aterraxe e posterior localización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza