Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros apoia a manifestación en defensa da sanidade pública convocada para o domingo

Oleiros, 6 de febreiro de 2019-. SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo unha manifestación en defensa do sistema sanitario público de Galicia. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela e contará co apoio do Concello de Oleiros.

Os motivos desta convocatoria son múltiples. Os problemas de sobrecarga continua en atención primaria; os recortes que levaron a unha folga indefinida, tanto aos profesionais de PAC, como aos do servizo de urxencias do hospital de Santiago; a precariedade laboral; a sobrecarga das plantas de hospitalización, que teñen que atender o dobre de camas pero co mesmo persoal ou o sempre saturado servizo de urxencias hospitalario. Existen outros feitos alarmantes como a morte dun paciente na sala de espera do PAC da Estrada ou a rebelión en atención primaria coa dimisión da maioría das xefaturas de atención primaria en Vigo e posteriores levantamentos dos profesionais nas diferentes áreas sanitarias.

Ante esta situación o Concello de Oleiros apoia esta convocatoria e anima a todos os veciños e veciñas a que participen nela.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza