Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Máis de 700 estudantes de primaria e secundaria participan na campaña de teatro escolar

Oleiros, 5 de febreiro de 2019-. A campaña de teatro escolar do Concello de Oleiros achegará esta semana as artes escénicas ao alumnado do primeiro ciclo de educación primaria e aos estudantes de bacharelato. As representacións terán lugar no Auditorio Gabriel García Márquez.

Os nenos e nenas de primaria asistirán o mércores e o xoves á representación de Quero ser maior!, unha comedia infantil sobre unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar canto antes. Os mozos e mozas de bacharelato verán o venres Elisa e Marcela, a reconstrución da historia de amor real de dúas mulleres que foron perseguidas despois de casar na Coruña en 1901.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza