Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A xustiza dálle a razón ao Concello pola multa de 60.000 euros imposta a Gas Natural Fenosa por unha tala ilegal

Oleiros, 1 de febreiro de 2019-. Os tribunais acaban de comunicarlle ao Concello de Oleiros que Gas Natural Fenosa debe pagar a sanción de 60.000 euros imposta por cortar 28 árbores sen autorización municipal nun parque. Malia non contar cos permisos pertinentes e facer caso omiso aos requirimentos municipais, en marzo do 2017 foron eliminadas totalmente 28 árbores nunha área duns 2.000 metros cadrados, xunto ao cemiterio de Liáns.

“Entraron nunha finca municipal sen permiso de ningún tipo e arrasárona por completo. Pediron a suspensión da sanción pero os tribunais déronnos a razón. Estas empresas pensen que poden facer o que lles dá a gana, pero en Oleiros que teñan claro que non”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza