Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros saca a contratación a construción de beirarrúas en Lorbé

Oleiros, 8 de xaneiro de 2019-. O Concello de Oleiros iniciou a licitación da obra de construción de beirarrúas en Lorbé, desde a casa do pobo ata o linde con Sada. Dos 455.020,52 euros que o Concello vai investir neste proxecto, 239.254,30 euros proceden dun plan provincial e os outros 215.766,22 achégaos directamente a entidade local.

Malia á negativa da Xunta a asumir as súas competencias e realizar a obra de construción de beirarrúas en Lorbé nunha estrada da súa titularidade, o Concello decidiu actuar por conta propia para dotar de seguridade os veciños e veciñas desta localidade. Inicialmente, e grazas á colaboración dos propietarios lindeiros coa estrada, o Goberno municipal chegou a acordo de cesión gratuíta para dispoñer do solo necesario para facer a obra. Despois, ante a pasividade da Xunta, o Concello decidiu realizar directamente esta obra.
 
“É escandalosa unha noticia que aparece hoxe nun xornal que di que a Deputación vai facer esta obra. Quen inviste e quen fai a obra é o Concello de Oleiros, con fondos municipais e do POS, que son uns cartos que proceden da Deputación e que se lle entregan a todos os concellos para que fagan con eles as obras que decidan. Paréceme escandaloso. Desde que saben que imos presentarnos en toda a comarca andan todos moi nerviosos, querendo sacar tallada por todos lados.”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza