Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o sábado a representación dunha obra para nenas e nenos

Oleiros, 19 de decembro de 2018-. A compañía Elefante Elegante presenta o sábado ás 18:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Patapatúm, recomendado para nenos e nenas entre 3 e 8 anos. César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez conforman o elenco desta obra de teatro.

En Patapatúm fálase sobre as nais e pais cun relativo poder económico, que desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza