Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Teatro infantil para promover a reflexión sobre as fronteiras, o mércores nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 12 de novembro de 2018-. Pallasos en Rebeldía presenta o mércores ás 18:30 horas no teatro das Torres de Santa Cruz o seu espectáculo O valo. Dirixida por Iván Prado e baseada no texto do mesmo título de Carlos Labraña foi gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

O valo está escrita en homenaxe aos millóns de persoas que cada ano abandonan o seu país en guerra na procura doutros lugares máis seguros. A obra, dirixida a maiores de 9 anos, busca promover a reflexión sobre as fronteiras e as situacións das persoas refuxiadas, ao tempo que se invita a transformar a realidade pensando nun mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un neno soldado, gardián das fronteiras.

Esta actividade está financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A entrada é gratuíta e para asistir é imprescindible reservar praza na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz ou chamando ao teléfono 981 626 338.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza