Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello contrata as obras de mellora da avenida Rosalía de Castro e do colector da rúa Barcala

Oleiros, 12 de novembro de 2018-. O Concello de Oleiros adxudicou dúas importantes obras que se realizarán en Nós e Perillo. O importe total dos dous proxectos contratados ascende a 401.105,38 euros.

Nas vindeiras semanas, procederase á realización das obras de mellora previstas na avenida Rosalía de Castro, entre a rotonda de Lucín e a ponte da Pasaxe. Inicialmente procederase á renovación das beirarrúas e das redes de servizos municipais. A empresa López Cao será a encargada de realizar os traballos que terán un importe de 241.261,90 euros.

Tamén foron contratadas as tarefas de renovación do colector de saneamento que procede do polígono industrial do Espírito Santo, na rúa Barcala. O Concello adxudicou esta obra a Arias Infraestructuras por 159.843,48 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza