| NOVAS « Atrás O domingo proxéctase na Fábrica a película Cien años de perdónOleiros, 7 de novembro de 2018-. A proxección de Cien años de perdón está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 11 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme. A película, dirixida por Daniel Calparsoro e que co-protagoniza o actor galego Luis Tosar, conta a historia de seis homes armados que asaltan a sede central dun banco de Valencia. O que ía ser un roubo limpo e fácil pronto se complica cando a directora da sucursal desvela un segredo oculto nunha das caixas de seguridade. Os ánimos acéndense entre os líderes da banda e a sospeita esténdese dentro e fóra do banco ata chegar a poñer en xaque o Goberno do país. |