|
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER | |
A piscina municipal de Perillo reabre mañá sábado en horario habitual
Aínda que estaba previsto que a Piscina e ximnasio municipal de Perillo reabrirá as súas portas ás persoas usuarias esta tarde, as inclemencias meteorolóxicas impediron concluír a obra de reparación da cuberta. Definitivamente, a partir de maña sábado, xa en horario habitual, poderán empregarse novamente todas as instalacións con normalidade.
Aínda que estaba previsto que a Piscina e ximnasio municipal de Perillo reabrirá as súas portas ás persoas usuarias esta tarde, as inclemencias meteorolóxicas impediron concluír a obra de reparación da cuberta. Definitivamente, a partir de maña sábado, xa en horario habitual, poderán empregarse novamente todas as instalacións con normalidade. O Concello volve demandar a Portos de Galicia a urxente reparación do peirao de Mera
O Concello de Oleiros remitiu un documento a Portos de Galicia para demandar a urxente reparación dos graves danos existentes no peirao de Mera. Os últimos afundimentos do pavimento están a poñer en evidencia o alarmante estado de abandono desta infraestrutura da Xunta de Galicia.
O Concello de Oleiros remitiu un documento a Portos de Galicia para demandar a urxente reparación dos graves danos existentes no peirao de Mera. Os últimos afundimentos do pavimento están a poñer en evidencia o alarmante estado de abandono desta infraestrutura da Xunta de Galicia. A obra de teatro O rueiro das liortas, o domingo na Fábrica
O vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, representarase a obra O rueiro das liortas. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor.
O vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, representarase a obra O rueiro das liortas. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. A rúa Corredoira das Viñas permanecerá pechada á circulación o luns e o martes
Debido ás obras de eliminación dun garaxe que tapona a rúa Corredoira das Viñas, será preciso cortar a circulación desde o aparcadoiro do supermercado ata rúa Orquestra Os Satélites. O aparcadoiro vai quedar accesible e os residentes poderán entrar ás súas vivendas e aos garaxes a través da rúa Orquestra Os Satélites.
Debido ás obras de eliminación dun garaxe que tapona a rúa Corredoira das Viñas, será preciso cortar a circulación desde o aparcadoiro do supermercado ata rúa Orquestra Os Satélites. O aparcadoiro vai quedar accesible e os residentes poderán entrar ás súas vivendas e aos garaxes a través da rúa Orquestra Os Satélites. A piscina municipal de Perillo reabre mañá venres a partir das 17:00 horas
A Piscina e ximnasio municipal de Perillo reabrirá as súas portas ás persoas usuarias a partir de maña venres 22 de novembro, desde as 17:00 horas. A instalación estaba pechada a consecuencia dos danos que provocou o temporal da pasada semana na cuberta do edificio.
A Piscina e ximnasio municipal de Perillo reabrirá as súas portas ás persoas usuarias a partir de maña venres 22 de novembro, desde as 17:00 horas. A instalación estaba pechada a consecuencia dos danos que provocou o temporal da pasada semana na cuberta do edificio. Mónica de Nut e Virxilio Dasilva ofrecen un concerto o sábado na Fábrica
O vindeiro sábado día 23 de nomvebro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto de Mónica de Nut e Virxilio Dasilva. Estes dous artisitas galegos presentarán o espectáculo Dos fíos invisibles chegan as cores.
O vindeiro sábado día 23 de nomvebro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto de Mónica de Nut e Virxilio Dasilva. Estes dous artisitas galegos presentarán o espectáculo Dos fíos invisibles chegan as cores. O xoves inaugúrase na Fábrica unha exposición sobre Jose Luis Sampedro
O centro cultural A Fábrica acollerá a exposición itinerante "Xeografías Literarias de José Luis Sampedro", que recolle a vida e obra do humanista. A inauguración, prevista para o vindeiro xoves 21 de novembro ás 19:30 horas, contará coa proxección de "El río que nos lleva".
O centro cultural A Fábrica acollerá a exposición itinerante "Xeografías Literarias de José Luis Sampedro", que recolle a vida e obra do humanista. A inauguración, prevista para o vindeiro xoves 21 de novembro ás 19:30 horas, contará coa proxección de "El río que nos lleva". A obra de teatro O rueiro das liortas, o domingo na Fábrica
O vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, representarase a obra O rueiro das liortas. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor.
O vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, representarase a obra O rueiro das liortas. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. A Biblioteca Rialeda acolle a presentación do libro En efecto bolboreta', de Ana Pillado
O mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a presentación do libro En efecto bolboreta', de Ana Pillado Vega. A presentación correrá a cargo da poeta Pilar Pallarés, actual Premio Nacional de Poesía, e da propia autora, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que tocará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.
O mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a presentación do libro En efecto bolboreta', de Ana Pillado Vega. A presentación correrá a cargo da poeta Pilar Pallarés, actual Premio Nacional de Poesía, e da propia autora, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que tocará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela. O Contacontos-obradoiro As Cores chega este domingo a Oleiros
O vindeiro domingo, 24 de novembro, ás 12.00 horas na Casa da República, terá lugar a actividade As Cores, un contacontos-obradoiro para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos. Un espectáculo enmarcado na programación do Apego, que pretende implicar as familias nas dinámicas grupais e onde se fará fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, mais que ten como obxectivo promover a lingua entre as familias.
O vindeiro domingo, 24 de novembro, ás 12.00 horas na Casa da República, terá lugar a actividade As Cores, un contacontos-obradoiro para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos. Un espectáculo enmarcado na programación do Apego, que pretende implicar as familias nas dinámicas grupais e onde se fará fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, mais que ten como obxectivo promover a lingua entre as familias. |