Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O pleno aproba solicitar fondos europeos para mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público

O pleno ordinario do mes de outubro aprobou solicitar unha subvención para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso dunha economía baixa en carbono no marco do programa FEDER 2014-2020. Cos fondos procedentes de Europa o Goberno municipal pretende completar a instalación de luminarias LED en todo o municipio.

O Concello oferta novas prazas no obradoiro de apoio ás persoas que coidan familiares con dependencia

O Programa de Apoio a Persoas Coidadoras do Concello de Oleiros contará a partir do luns 4 de novembro cun novo grupo do obradoiro Descubrindo emocións. O obxectivo do programa está enfocado a apoiar a persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida, reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e conseguir a mellor adaptación posible á situación que está a vivir a diario.

O domingo terá lugar a Feira do Mel nas proximidades do Mercado Municipal de Perillo

O vindeiro domingo 3 de novembro terá lugar unha nova edición da Feira do Mel nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo. Unha selección dos mellores apicultores galegos e españois virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. Esta feira, única en toda Galicia, pretende apoiar un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.

O castelo iluminarase de verde en apoio ao Día do Dano Cerebral e do Ictus

O Castelo de Santa Cruz iluminarase a noite do sábado de cor verde polo Día do Dano Cerebral como apoio ás reivindicacións do movemento asociativo agrupado arredor desta doenza. O Concello de Oleiros atendeu a petición de ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, co obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre as necesidades que teñen as persoas cun problema deste tipo como consecuencia dun ictus, un accidente, un tumor...

O Concello celebra o Día da Biblioteca con diversas actividades

As Bibliotecas municipais de Oleiros énchense de actividades con motivo do Día da Biblioteca, que se celebra mañá xoves 24 de outubro. A intención do Concello é amosar a biblioteca como un lugar de lecer, que ofrece múltiples servizos, ademais de animar a ler e a gozar da literatura e da música a adultos, nenas e nenos.

A Xunta premia ás bibliotecas de Oleiros polas actividades inclusivas para nenas e nenos

O proxecto das Bibliotecas Municipais de Oleiros, desenvolvido xunto coa asociación Participa para la Inclusión Social, dirixido a nenas e nenos con diversidade funcional recibiu o segundo premio no certame de innovación bibliotecaria da Xunta de Galicia. A Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos galardóns.

A comedia Vida de cans, o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

A compañía Talía Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Vida de cans. Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo forman o elenco desta obra escrita e dirixida por Cándido Pazó.

A Escola Municipal de Música dispón de prazas libres para Música e Movemento e Instrumentos

A Escola Municipal de Música oferta 11 prazas para Música e Movemento (nacidos entre os anos 2012 e 2015). Ademais, hai dispoñibles outras 35 para os instrumentos de acordeón, batería, baixo eléctrico, bombardino, canto moderno, clarinete, contrabaixo, fagot, frauta, guitarra eléctrica, guitarra, saxofón, trombón, trompa, trompeta, viola, violín e violonchelo (nacidos de 2011 en adiante).

O político salvadoreño Tomás Minero visita o Concello de Oleiros

José Tomás Minero Domínguez, representante político da entidade ENEPASA –formada por 13 municipios de El Salvador-, visitou o Concello de Oleiros dentro dunha rolda de visitas a diversos municipios españois. Minero mantivo un encontro co alcalde, Ángel García Seoane, e coa concelleira de Cooperación, Marga Figueroa.

A vindeira semana abre o prazo para ocupar as prazas vacantes nas actividades ocupacionais

Todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en participar nas actividades ocupacionais que organiza o Concello de Oleiros poderán inscribirse entre o 31 e o 27 de outubro. Poderán facelo a través da sede electrónica da web municipal ou ben nas oficinas de Servizos Sociais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza