|
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER | |
As escolas municipais de Música e Danza celebran os seus festivais de Nadal
Como cada Nadal, o alumnado e agrupacións da Escola Municipal de Música e do Centro Municipal de Artes Escénicas celebran varias galas abertas a todo o público nas que mostrarán o seu traballo.
Como cada Nadal, o alumnado e agrupacións da Escola Municipal de Música e do Centro Municipal de Artes Escénicas celebran varias galas abertas a todo o público nas que mostrarán o seu traballo. Silvia Salgado presenta o martes na biblioteca de Santa Cruz a súa nova novela
A Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle o vindeiro martes día 17 de decembro, ás 19:00 horas, a presentación da novela "El intermedio que somos" de Silvia Salgado. Ademais da propia autora, na presentación participará Isabel Montes, editora e socia fundadora da editorial.
A Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle o vindeiro martes día 17 de decembro, ás 19:00 horas, a presentación da novela "El intermedio que somos" de Silvia Salgado. Ademais da propia autora, na presentación participará Isabel Montes, editora e socia fundadora da editorial. O Concello plantará varias árbores de ferro en Canide para denunciar os continuos atentados medioambientais na zona
O Concello de Oleiros ten previsto instalar varias árbores de ferro para denunciar os repetidos ataques que están a sufrir as árbores dunha das zonas verdes de Canide, nas que todos os anos plantan novas especies os escolares do Colexio Luís Seoane.
O Concello de Oleiros ten previsto instalar varias árbores de ferro para denunciar os repetidos ataques que están a sufrir as árbores dunha das zonas verdes de Canide, nas que todos os anos plantan novas especies os escolares do Colexio Luís Seoane. O venres celébrase o Festival das artes inclusivas na Fábrica
O venres 13 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio da Fábrica, terá lugar o Festival das artes inclusivas, Diversidarte, que organiza a Asociación Poten100mos, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade desenvolvendo actividades destinadas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz.
O venres 13 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio da Fábrica, terá lugar o Festival das artes inclusivas, Diversidarte, que organiza a Asociación Poten100mos, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade desenvolvendo actividades destinadas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz. As actividades do Apego continúan este domingo con Un berce cheo de contos
Xa está aberto o prazo para inscribirse no espectáculo Un berce cheo de contos, de Migallas Teatro. Esta actividade, que forma parte da programación de Apego, desenvolverase na Fábrica o vindeiro domingo, 15 de decembro e contará con dúas sesións: ás 11.00 e ás 12.00 horas.
Xa está aberto o prazo para inscribirse no espectáculo Un berce cheo de contos, de Migallas Teatro. Esta actividade, que forma parte da programación de Apego, desenvolverase na Fábrica o vindeiro domingo, 15 de decembro e contará con dúas sesións: ás 11.00 e ás 12.00 horas. O piñeiro caído nas Pedreiras correspóndelle retiralo á Xunta de Galicia
O Concello de Oleiros notificou á Xunta de Galicia que debe retirar o piñeiro caído sobre a beirarrúa na zona das Pedreiras, na avenida Rosalía de Castro, por tratarse dunha estrada de titularidade autonómica. Os restos da árbore impiden o paso dos peóns pola beirarrúa, de recente creación.
O Concello de Oleiros notificou á Xunta de Galicia que debe retirar o piñeiro caído sobre a beirarrúa na zona das Pedreiras, na avenida Rosalía de Castro, por tratarse dunha estrada de titularidade autonómica. Os restos da árbore impiden o paso dos peóns pola beirarrúa, de recente creación. As corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal
O domingo 15 de decembro, ás 19:30 horas celébrase, o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada.
O domingo 15 de decembro, ás 19:30 horas celébrase, o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada. O 11 de decembro abre o prazo de preinscrición en Ocioleiros
O vindeiro mércores día 11 de decembro ábrese o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Mantéñense a maioría de actividades e incorpóranse outras novas. En total ofértanse 26.
O vindeiro mércores día 11 de decembro ábrese o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Mantéñense a maioría de actividades e incorpóranse outras novas. En total ofértanse 26. Dani Arias presenta o seu libro de fotografías Los niños de Same', o xoves nas Torres de Santa Cruz
Este xoves 5 de decembro, ás 20:00 horas, o auditorio das Torres de Santa Cruz acollerá a presentación do libro Los niños de Same', do fotógrafo Dani Arias. O autor desta publicación traballa como reporteiro gráfico para a TVG desde hai 25 anos.
Este xoves 5 de decembro, ás 20:00 horas, o auditorio das Torres de Santa Cruz acollerá a presentación do libro Los niños de Same', do fotógrafo Dani Arias. O autor desta publicación traballa como reporteiro gráfico para a TVG desde hai 25 anos. Nenas e nenos de primaria e ESO poderán participar no VI Premio Literario Descubrindo Oleiros
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VI Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VI Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo. |