Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello inaugura a exposición «Desigualdades»

Oleiros, 4 de marzo de 2011. O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros achegou ata os IES de Oleiros o proxecto da ONG Mundo Cooperante, Desigualdades que intenta promover a solidariedade entre os membros da sociedade galega, especialmente os máis novos, a través do coñecemento de diversas realidades que se dan nos países en vías de desenvolvemento, as cales amosarán situacións de desigualdade social e de xénero que viven millóns de persoas.

Para achegar esta realidade a todos os veciños de Oleiros, o Centro Cultural A Fábrica albergará desde o 7 ata o 17 de marzo, a exposición Desigualdades, composta de 12 paneis onde a desigualdade social e de xénero nos países en vías de desenvolvemento serán a temática que se tratará, polo que atoparemos paneis sobre pobreza, educación, mortalidade infantil, SIDA...

A inauguración terá lugar o día 9 de marzo ás 20:00 h, o acto contará co grupo de Teatro Portaberta que presentará a peza teatral Muros. Nesta performance creada especificamente para a ocasión, combínase teatro, danza, poesía,... para mostrarlle ao público a existencia de múltiples desigualdades entre as persoas que viven nunha sociedade como a nosa e as que viven en países empobrecidos. Desigualdades económicas, sociais, culturais... provocadas moitas veces polos nosos estilos de vida consumistas.

A performance foi creada a partir das ideas expresadas no cómic Krishna e Anxo editado por Mundo Cooperante. E outra fonte de inspiración foi o texto de Eduardo Galéano Muros, que fai referencia a que no mundo actual hai moitos muros físicos pero tamén moitos muros psicolóxicos, sociais, invisibles... que son os máis devastadores.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza