Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Esta semana abre a Oficina de Turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera

Oleiros, 16 de xuño de 2020-. O Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. Ademais de máscara obrigatoria, a capacidade estará limitada a unha persoa no punto de información de Santa Cristina e a seis persoas na Aula do Mar.

Para acceder á Aula do Mar terán prioridade de acceso aquelas persoas que soliciten cita previa a través do teléfono 981 618 154 ou en  turismo@oleiros.org. Aquelas persoas visitantes sen cita previa accederán por orde de chegada, sempre e cando haxa prazas dispoñibles. Coa intención de garantir que o maior número de persoas poida acceder á Aula do Mar, establecerase un tempo máximo de visita de 25 minutos.
 
O punto de información de Santa Cristina abrirá de 10:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas de mércores a sábados e de 10:00 a 14:30 horas os domingos. A Aula do Mar abrirá de 10:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas de mércores a domingo e de 17:00 a 20:00 os martes.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza