Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As piscinas municipais de Oleiros abrirán a partir do venres 26 de xuño

Oleiros, 15 de xuño de 2020-. As piscinas municipais de Oleiros reabrirán as súas portas a partir do venres día 26 de xuño. O uso de máscara será obrigatorio en todos os espazos comúns, agás para facer exercicio e ir ao vaso da piscina.

Aínda que as normas de uso das instalacións poderán sufrir variacións en función da normativa sanitaria, desenvolveuse un protocolo para garantir a seguridade. Entre outras medidas os vestiarios terán capacidade limitada, para as actividades dirixidas haberá que reservar previamente a praza, o calzado e a toalla deberá ser de uso exclusivo para as instalacións, haberá que seguir as indicacións de circulación de cada centro... Ademais os centros permanecerán pechados a mediodía, todos os días, para realizar unha desinfección das instalacións.
 
No período do 26 de xuño ao 13 de xullo compensaranse os 17 días non gozados no mes de marzo de xeito  que as persoas abonadas só  pagarán no mes de xullo a parte proporcional. Nos casos de indecisión sobre continuar ou non nos centros, ofrécese a posibilidade de manter conxelada a cota ata o día 30 de setembro de 2020 sen pagar ningún recibo. Esta Excedencia Especial COVID-19 pode tramitarse desde xa vía WhatssApp no número 667 983 553, ou nos correos cd_oleiros@fcc.es, cd_dorneda@fcc.es e cd_perillo@fcc.es.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza