Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros inaugura o Parque As Trece Rosas

Oleiros, 13 de xuño de 2020-. Centos de persoas participaron esta tarde na inauguración oficial do novo parque público As Trece Rosas. Esta nova zona verde pública, de 128.000 metros cadrados, honrará de maneira permanente a memoria destas trece mulleres asasinadas polo réxime franquista por defender a liberdade, a democracia, a república e os dereitos dos traballadores e traballadoras. Unha escultura alegórica dunha muller, obra do artista Miguel Couto, presidirá este parque para homenaxear a estas 13 mulleres por sempre.

O acto contou coas intervencións de Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Olga Manzanero, sobriña de Dionisia Manzanero (unha das Trece Rosas) e representante da Asociación Las 13 Rosas; e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. En todos os discursos destacouse a beleza do parque e a idoneidade do nome escollido, pola súa relevancia e pola inmensa liberdade que se respira neste gran espazo público da costa de Oleiros.
 
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacou que “este parque é e será sempre un recuncho de memoria, xustiza e reparación; un lugar que lembre o legado de trece mulleres exemplares que loitaron por un país xusto, pola democracia e pola liberdade, que foron vilmente asasinadas polo Goberno fascista de Franco”. García Seoane tamén dixo que, ante o actual momento de rexurdimento de ideoloxías que pensabamos esquecidas, “o fascismo volve campar ás súas anchas por parlamentos, supostamente democráticos –incluído o español-. Por iso é imprescindible que os máis novos coñezan a verdadeira historia de España, para que non se repitan episodios a través dos que nos poidan arrebatar a democracia”. 
 
Para a creación deste fermoso espazo natural, o Concello de Oleiros investiu máis de 1,5 millóns de euros. A Deputación da Coruña tamén realizou unha achega de 100.000 euros.
 
Este inmensa zona verde, que ocupa toda a franxa costeira desde Santa Cruz ata a praia de Bastiagueiro, destaca por conservar o 80% da vexetación existente: salgueiros, abruños, zonas de braña, vexetación de ribeira,... Ademais plantáronse sauces, nogueiras, cerdeiras, metrosideros, viscos, castiñeiros,...
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza