| NOVAS « Atrás O Concello require a poda dos plátanos que invaden as vivendas en Mesón da AugaOleiros, 18 de marzo de 2020-. Veciños e veciñas de Mesón da Auga reclamaron ao Concello de Oleiros que requira ao propietario da finca colindante coas súas vivendas para que pode os plátanos que invanden as súas propiedades. As árbores voan por riba dos tellados das vivendas lindantes. Atendendo á petición dos veciños, o Concello requerirá a poda de todas aquelas ramas que invadan as propiedades. Os plátanos atópanse nunha parcela cualificada como singular no Plan Xeral. |