Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Tanxugueiras ofrecen un concerto o sábado na Fábrica

Oleiros, 11 de febreiro de 2020-. O grupo revelación da música tradicional galega, formado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, actúa o sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas, dentro do VII Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia un momento irrepetible. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobre todo, con moito amor. Con máis de 50 concertos en 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, visitando Glasgow, a India, Cuba e Suíza, Tanxugueiras son xa un dos grupos de referencia da música galega.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza