Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As actividades ocupacionais contan con prazas dispoñibles

 Oleiros, 26 de decembro de 2019-. A partir do 2 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites en liña dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais.

As prazas ofertadas son as vacantes nos obradoiros de expresión artística e artesanal que se organizan nas casas do pobo das distintas localidades do concello: encaixe, artesanía téxtil, manual, a pintar, acuarela, esmalte, fai a túa roupa, alimentación saudable e alfabetización lectoescritora.
 
As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición. Para poder participar as persoas interesadas deben estar empadroadas no Concello de Oleiros e ter cumpridos os 16 anos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza