Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O 11 de decembro abre o prazo de preinscrición en Ocioleiros

 Oleiros, 4 de decembro de 2019-. O vindeiro mércores día 11 de decembro ábrese o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Mantéñense a maioría de actividades e incorpóranse outras novas. En total ofértanse 26.

Ocioleiros está dirixido exclusivamente aos veciños e veciñas empadroados en Oleiros, maiores de 18 anos. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdico, dirixido á diversión e ao entretemento. 
 
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da web municipal. O prazo abre o próximo mércores día 11 e finalizará o 20 de decembro. As listaxes con todas as persoas preinscritas colgaranse o 26 de decembro para a emenda de erros.
 
Nas actividades nas que haxa máis demanda que prazas ofertadas, adxudicaranse por sorteo, que se realizará o 7 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica. As listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 10 de xaneiro.  O día do sorteo será o 7 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica e as listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 10 de xaneiro. 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza