Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Emilio Rúa ofrece un concerto o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 27 de novembro de 2019-. O vindeiro sábado día 30 de novembro, ás 20:30 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un concerto de Emilio Rúa. Este artista ourensán presentará o seu disco Duetos.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Aquelas persoas que aínda non o coñecen, poderán descubrir o sábado en Mera a un grande compositor e artista. Duetos está gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música: Víctor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jiménez, Carmen París, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastedo, Soledad Giménez, Pablo Milanés, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza