Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello comeza a traballar nun novo Plan de Igualdade

Oleiros, 13 de xuño de 2019-. O Centro Municipal de Formación acolleu a segunda xornada do Encontro Interdepartamental pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Concello de Oleiros. Unha experiencia moi gratificante e enriquecedora que permitiu profundar e mellorar as relacións entre as persoas que traballan neste tema desde distintos ámbitos: educación, sanidade, servizos sociais, forzas de seguridade… Tamén se elaboraron propostas de traballo para mellorar a atención ás vítimas e para incidir nos aspectos máis preventivo de cara a erradicar esta lacra social.

A posibilidade de ter todos estes axentes unha visión global conxunta non só da problemática, senón tamén das liñas de traballo e das solucións a implantar de forma coordinada, é un aspecto moi valioso que se acadou neste encontro. Agora, as conclusións que se recollan no documento final que se elabore deberán ser incorporadas no próximo Plan de Igualdade do Concello de Oleiros que comezará a elaborarse en breve.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza