Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A semana do cerebro chega a Oleiros cunha charla na Fábrica

Oleiros, 11 de marzo de 2019-. “O cerebro é a vida” é o título da conferencia que se vai desenvolver no auditorio da Fábrica o vindeiro xoves 14 de marzo ás 20:00 horas, no marco da Semana do Cerebro, unha iniciativa que ten como obxectivo divulgar esta parte esencial do corpo humano e promover o seu coidado. A conferencia está dirixida a todas as idades, desde novos ata maiores, pasando por familias interesadas en coñecer máis sobre os hábitos neurosaudables para os cerebros dos seus fillos ou para que o profesorado poida desenvolver este tipo de actividades nas aulas.

Coñecer como funciona, a importancia da alimentación e dos hábitos para o seu coidado, así como as distintas formas de estimulación e de adestramento para o seu correcto funcionamento son varios dos aspectos que se tratarán para saber como mantelo san e activo. O cerebro é unha potente máquina responsable de controlar e regular a maioría de funcións vitais do corpo e da mente, desde respirar ou o funcionamento do corazón ata a memoria, o razoamento ou as emocións, polo que coñecer como funciona e como debe coidarse contribuirá a unha mellor calidade de vida.

A conferencia estará impartida por Mar Sánchez Sánchez, psicóloga, terapeuta emocional, experta en estimulación cognitiva e programación neurolingüística e formadora de profesorado. Creadora de Neuromotiva especialistas en formación e estimulación mental.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza