Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Aberto o prazo de inscrición para participar no XXX Tríatlon Concello de Oleiros

Oleiros, 6 de marzo de 2019-. As persoas interesadas en participar no XXX Tríatlon do Concello de Oleiros poden inscribirse na competición desde hoxe día 6 de marzo ata o mércores día 13. Para tramitar a solicitude, os deportistas deberán acceder ao formulario creado na web municipal e achegar os datos que se piden.

Esta carreira está programada para o vindeiro sábado día 11 de maio, ás 16:00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. Nesta proba poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI). Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.

O 14 de marzo publicarase a listaxe de persoas preinscritas na web municipal. O día seguinte, ás 10:00 horas, farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas (resolverase por sorteo de letra), e o 18 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.

O prazo de pagamento irá do 21 ao 26 de marzo. As 200 persoas agraciadas no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas, para facer a licenza dun día, deberán achegar ademais a copia do DNI. O custo da inscrición para todos os participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.

MÁIS INFORMACIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza