Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza unha visita guiada á exposición Castelao Maxistral

Oleiros, 11 de febreiro de 2019-. Dentro do programa municipal Oleiros vai de museo, o Concello organiza para o sábado 23 de febreiro unha visita guiada ao Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura para coñecer a exposición 'Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra'. A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición abre mañá martes 12 de febreiro.

Castelao maxistral exhibe por vez primeira en Galicia a obra icónica 'A derradeira leición do mestre', considerada o 'Guernica galego', debuxada na Arxentina en 1945 e que nunca antes saíra do Centro Galego de Bos Aires. A pintura, de dous metros de altura, baséase nunha estampa de 'Galicia mártir', publicado por Castelao en 1937. O tema é o do mestre asasinado na Guerra Civil española ante uns nenos que se laian conmocionados. Unha escena tráxica chea de tristeza e denuncia. As descricións desta obra apuntaron o paralelismo entre o fusilamento do mestre e o do seu amigo, o intelectual Alexandre Bóveda, o 17 de agosto de 1936.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza