Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Obradoiro de Entroido no Museo Os Oleiros

Oleiros, 8 de febreiro de 2019-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para unha nova edición dun obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer as súas propias cornetas ou bucinas para facer barullo no Entroido, do mesmo xeito que se facían nas olerías galegas de Buño e Bonxe. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 16 e 23 de febreiro e 2 de marzo.

Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza