Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros retirou 608 niños de velutinas no 2018

Oleiros, 11 de xaneiro de 2019-. O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias retirou no ano 2018 un total de 608 niños primarios de avespas velutinas en distintos lugares do termo municipal.

Ademais, o Concello de Oleiros ten localizados outros 45 niños pendentes de retirar pola súa elevada altura e para os que se solicitará a colaboración do Concello da Coruña. Todos os niños, co frío, quedan sen actividade e non supoñen ningún tipo de perigo. As velutinas refúxianse noutros lugares e, cando aumenten as temperaturas, as raíñas formarán novos niños.

“Desde o Concello de Oleiros seguiremos a traballar arreo para frear esta ameaza. O problema é que quen tiña que actuar, que é a Xunta, amosou unha pasividade total ante este problema. Fixéronnos pouco caso no seu día, cando os alertábamos do que se nos viña encima en Galicia”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza