Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Oleiros seguirá tendo cinco praias con bandeira azul neste verán

Oleiros, 9 de maio de 2018-. Oleiros segue a ter os mellores areais da comarca da Coruña. As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval pendurarán a Bandeira Azul este verán. Ademais, o Castelo de Santa Cruz e a Aula do Mar tamén estarán considerados como centros azuis.

O Concello de Oleiros realiza un traballo moi serio e rigoroso neste ámbito. Todas as praias do municipio están dotadas de múltiples servizos. Ademais, Oleiros destaca pola calidade das augas e a conservación e ordenación dos contornos da praias e de todo o litoral. Tamén existe unha ordenanza, pioneira en Galicia, que contempla unha normativa que garante a convivencia e a seguridade dos bañistas.

Ademais, por segundo ano consecutivo o Concello de Oleiros tamén recibiu o distintivo que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral oleirense fixo posible volver a recibir este importante recoñecemento.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza